Vía Céltica

Visita o novo web da Vía Céltica

Vía Céltica

O libro

Este é o primeiro libro que trata dos Camiños de Santiago por Santa Comba, na Terra dos Célticos. A Vía Céltica é, en primeiro lugar, un itinerario post-xacobeo que permite a extensión da peregrinación xacobea aos santuarios de Fisterra e Muxía e, en segundo lugar, unha serie de rutas marítimas desde os portos de chegada ao noroeste de Galicia. A oficialización a mediados dos anos noventa dunha estrada sur a Fisterra relegou a ruta natural a un inmerecido esquecemento e, como revela este pequeno libro, tamén histórico e xacobeo, o norte. A que, conectando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e a meseta do Xallas, presenta aos que o percorren cun patrimonio e paisaxes únicos que nos levan ao tempo das primeiras peregrinacións.

Os autores…

A Asociación Costavales encomendoulle o traballo de investigación a D. André Pena Granha (Doutor en Arqueoloxía e Historia Antigua pola Universidade de Santiago de Compostela) e a D. Joán Evans Pim (Doutor en Ciencias Sociais pola Universidade Abo Akademi de Finlandia). A obra expón os fundamentos históricos, arqueolóxicos, arquitectónicos, documentais, culturais, relixiosos e antropolóxicos que respaldan a XACOBEIDADE destes camiños. Publicada en galego, castelán e portugués, xa está á venda en Amazon…

Promoción da Vía Celtica

Para a promoción da Vía Céltica encargamos a fabricación de moedas de colección á empresa belga National Token. As moedas están acuñadas en 3D en ámbalas dúas caras: as de ouro levan impresa a “Traslatio Santi Jacobi” (escea que se atopa na igrexa románica de Santiago de Cereixo) e as de alpaca levan impreso “O Demo de Rubín” que forma parte da escultura de San Miguel , na capela de Nosa Señora da Saúde. Ambas localizacións están presentes no noso itinerario.

Presentación da obra

A primeira presentación pública da VIA CÉLTICA estivo dirixida ós alcaldes dos concellos polos que discorren os itinerarios dos camiños que pretendemos recuperar, co obxecto de proporlles o desenrolo e posta en valor de cada tramo. Dita presentación tivo lugar o 23 de setembro de 2021, no Museo Das Peregrinacións e de Santiago, sito na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.

Asistiron representantes dos Concellos de Ames, Zas, Vimianzo, Laxe, A Laracha, Coristanco, Ponteceso, Malpica, Cabana de Bergantiños, Cee, Val do Dubra, Camariñas e Santa Comba,…, membros da Directiva da Asociación Costavales e os autores da obra.

Despóis da presentación os asistentes realizaron unha visita guiada polo Museo.

Ler as últimas novas acerca da Vía Céltica.

Vía Céltica


A que esperas para usares os costavales ti tamén?