O vindeiro venres, 22 de xaneiro, ás 21:00 horas terá lugar a presentación dos Costavales e da Asociación Costavales no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, sita na Rúa Carreira de San Mauro, 11 desta localidade.
O acto organizado pola Asociación ENe Empresarios de Negreira pretende dar a coñecer o proxecto Costavales aos seus socios, co ánimo de que cada vez máis concellos coñezan este sistema de vales inspirados nas moedas locais complementarias.
Mañán xoves, 12 de novembro, ás 21:00 h preséntanse os Costavales e a Asociación Costavales na sede da Asociación de Empresarios de Ponteceso, sita na Rúa Bergantiños, 2 – Entresollado.
Contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán García, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, natural de Ponteceso, e que xa nos acompañara na presentación oficial dos Costavales en Santa Comba.
Deste xeito, a Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ó proxecto Costavales, dando a coñecer o sistema aos seus socios coa finalidade de que poidan utilizalos o maior número de comercios posible.
Este venres 16 de outubro terá lugar o acto de lanzamento oficial dos Costavales e da Asociación Costavales, da man da entidade impulsora: a Asociación de Empresarios de Santa Comba.
O acto terá lugar no Salón de actos do Edifición multiusos de Santa Comba, ás 21:00 h, e contará coa presenza de autoridades, medios de comunicación e de Xoán Ramón Doldán García (profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela) e mais de Manuel Casal Lodeiro, asesor en moedas complementarias.
É preciso confirmar asistencia previamente no noso teléfono ou correo electrónico de contacto.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba presentará oficialmente neste acto os Costavales, un sistema de vales para utilizar nos comercios adheridos a este proxecto. Co obxectivo de que se extendan por toda a Costa da Morte, pretende ser unha ferramenta para fidelizar clientes nos comercios locais, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, axudar ás necesidades da poboación máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitario.
O proxecto conta co apoio da FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte), e coa participación do Concello de Santa Comba, o Concello de Ponteceso e tamén da Asociación de Empresarios desta localidade.
A que esperas para usares os costavales ti tamén?