Arquivos da etiqueta: clientes

  • 0

Infozone Ordenadores, Imprenta 42 Lineas e Psi Terapia e Formación únense aos Costavales

Tags : 

Damos a benvida a tres novos comercios adheridos aos Costavales: Infozone Ordenadores, Imprenta 42 Lineas e Psi Terapia e Formación.

Infozone Ordenadores, situada na Rúa Pontevedra, 26 -Baixo,  adicada é servizo técnico de ordenadores e venda de equipos informáticos e consumibles, aceptará o 50 % do seu pagamento en Costavales.

Imprenta 42 Lineas, adicada á Publicidade e Imprenta e situada na Avda. Alfonso Molina, 92, aceptará o 100 % dos pagos en Costavales.

Psi Terapia e Formación, situada na Perpendicular C/Lugo, s/n. Portal 3 – Baixo, presta servizos  de de apoio educativo e atención psicoeducativa; xestión de actividades educativas e de ocio, clases extraescolares, campamentos e obradoiros.

En plena Campaña de Promoción do Comercio Local na que regalamos 10 Costavales por descargar a nosa App , pretendemos incentivar as compras nos comercios do noso entorno. Esta campaña estará vixente ata o 30 de abril de 2019.

Para calquera usuario que queira darse de alta na Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales so ten que entrar na nosa web a través do enlace http://www.costavales.com/blog/descargate-nuestra-app/ e descarga gratis a nosa aplicación. Automáticamente regalámosche 10 Costavales para gastar no comercio local.


  • 0

Números premiados no sorteo de 2.000 costavales no sorteo do 7 de xaneiro

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 2000 costavales, repartidos en 20 premios de  100 costavales cada un, dentro da Campaña de Nadal 2015.  Aquelas persoas que recibiron boletos como agasallos nas compras realizadas nos  comercios locais, poderán consultar aquí a listaxe dos premiados:

numerospremiados2000cvsnadal15

Lembramos que os afortunados poderán recoller o premio na oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba( Rúa Pontevedra, 9 -Entreplanta), de luns a venres en horario de 10 a 14 h. O prazo para recoller dito premio rematará o 7 de febreiro de 2016.


  • 0

Campaña de Nadal 2015

Tags : 

Campaña de Nadal 2015

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.

Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.

No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.

No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.

Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.

 


  • 0

As vantaxes de mercar con costavales

Tags : 

Os costavales non só ofrecen vantaxes para os comercios e empresas da Costa da Morte e para a economía xeral da bisbarra, senón que tamén as persoas consumidoras se beneficiarán ao usérenos:

  • Poder mercar con costavales permítelles aos clientes aforrar os euros para gastalos noutras cousas que inevitablemente haxa que pagar en diñeiro.
  • Ao ser conseguibles fóra do mercado laboral, son unha fonte de ingresos complementaria para moitas persoas, que lles permitiría mercar cousas necesarias na súa vida cotiá.
  • Ademais ten as vantaxes de calquera vale: p.ex., son útiles para facer agasallos cando non sabemos que comprar exactamente.

A que esperas para usares os costavales ti tamén?