Monthly Archives: Decembro 2015

  • 0

Primeira cuñaxe dos Costavales

Tags : 

Os Costavales terán que cuñarse durante este mes de decembro

Durante o seu período de validez, cada Costavale deberá ser periódicamente levado a cuñar á Asociación Costavales.

O vale ten polo seu reverso un espazo para lle estampar un cuño cada 6 meses, sen coste algún. Os vales que non teñan os seus cuños ao día non serán válidos a efectos de troca nin a efectos de convertibilidade a euros.

foto-costavales-20150706_104945-CONTRASTADA-FRAG-1398x560

Tal e como se recolle no regulamento, calquera particular ou entidade posuidora de Costavales que deixara pasar a data de cuñaxe periódica, e para que o vale volva a ter validez, deberán pagar unha taxa do 10 % do valor nominal do vale.


  • 0

Campaña de Nadal 2015

Tags : 

Campaña de Nadal 2015

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.

Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.

No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.

No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.

Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.

 


A que esperas para usares os costavales ti tamén?