As vantaxes de mercar con costavales
Os costavales non só ofrecen vantaxes para os comercios e empresas da Costa da Morte e para a economía xeral da bisbarra, senón que tamén as persoas consumidoras se beneficiarán ao usérenos:
- Poder mercar con costavales permítelles aos clientes aforrar os euros para gastalos noutras cousas que inevitablemente haxa que pagar en diñeiro.
- Ao ser conseguibles fóra do mercado laboral, son unha fonte de ingresos complementaria para moitas persoas, que lles permitiría mercar cousas necesarias na súa vida cotiá.
- Ademais ten as vantaxes de calquera vale: p.ex., son útiles para facer agasallos cando non sabemos que comprar exactamente.