App Costavales

A aplicación móbil para o uso dos Costavales leva o nome da súa plataforma: Clickoin.

Para facerse usuario dos Costavales electrónicos haberá que descargar a App Costavales dende Google Store para teléfonos Android, ou dende Apple Store para Iphone, e mandar un correo a consultas@costavales.com solicitando a alta e achegando un nome e un número de teléfono. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal que o usuario poderá cambiar.

Os comercios que desexen darse de alta na aplicación móbil terán que pagar unha cota inicial de 25 €uros que lles dará dereito a canxear Costavales por euros, se o precisaran. Este importe pasará inmediatamente a incrementar o seu saldo na aplicación, dado que o proxecto non ten carácter lucrativo.

Tódolos usuarios da aplicación aportarán o 0,5 % do seu saldo medio mensual para sufragar os gastos de mantemento da aplicación.

Os usuarios poderán comunicarse e interactuar con esta plataforma central non so mediante a Aplicación Móbil senón tamén mediante unha Plataforma Web. Como funcionalidade principal a plataforma permitirá: realizar pagos, recibir cobros, reflexar conceptos nas operacións, consultar o histórico de operacións con cada contacto,…

As grandes superficies comerciais quedan fóra do ámbito de acción, fomentando a fidelización dos clientes ao comercio local e de proximidade.


Deixa un comentario

A que esperas para usares os costavales ti tamén?