A Asociación Costavales embárcase nun novo proxecto que pretende, por un lado, recuperar os camiños xacobeos marítimos que dende sempre comunican os portos da Costa da Morte con Santiago de Compostela e, por outro lado, un itinerario post-xacobeo que permite a extensión da peregrinación xacobea á Fisterra e Muxía. Esta vía conecta Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e a meseta do Xallas, deixando ao seu paso unha serie de recursos patrimoniais e paisaxísticos que debemos poñer en valor.
O traballo de investigación foi encomendado a Don André Pena Granha (Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela) e a Don Joam Evans Pim (Doutor en Ciencias Sociais pola Universidade Abo Akademi de Finlandia), e recóllese na obra “Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”. A obra expón os fundamentos históricos, arqueolóxicos, arquitectónicos, culturais, relixiosos e antropolóxicos que respaldan a xacobeidade destes camiños. Publicarase en galego, castelán e portugués.
A Asociación Costavales organiza a II Edición da FEIRA DE OUTONO, en colaboración coa Asociación de Empresarios, Concello de Santa Comba e Deputación da Coruña.
O evento terá lugar os días 8, 9 e 10 de Novembro no Recinto Feiral de Santa Comba e acollerá preto de 70 expositores. Trátese dunha feira de carácter multisectorial dado que participan sectores como o da artesanía, automoción, comercio en xeral, gastronomía, servizos, hostalería, etc…
As feiras son eventos de grande magnitude e amplo alcance que serven como escaparate de multitude de empresas durante un tempo limitado, nun espazo organizado para tal fin. As empresas participantes utilizan o evento como unha ferramenta de marketing para potenciar os seus negocios, coñecer a novos consumidores, promocionarse e acadar vendas.
Tradicionalmente, ademáis de ter unha función de intercambio de bens materiais as feiras eran unha forma de sociabilidade. Ainda que a actividade comercial sufriu moitos cambios, e ainda que as grandes áreas comerciais e as vendas online amenazan seriamente ó pequeno comercio, as feiras seguen sendo un reclamo para os visitantes porque ofrecen unha grande variedade de produtos en condicións máis ventaxosas do habitual. Créase un espazo de esparcemento e intercambio social e, ó mesmo tempo, estimulase o comercio e xeneranse beneficios.
A Asociación Costavales en colaboración coa Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de organizar un ROTEIRO DE PLANTAS SILVESTRES COMESTIBLES E MEDICIÑAIS.
O roteiro foi impartido por César Lema Costas, doutor en Bioloxía e asistiron unhas 50 persoas a pesar da mañán chuviosa do domingo.
Pola tardiña Patricia Puga, experta en alimentación e cosmética natural, impartiu un Obradoiro de Cociña Silvestre na Vivenda Comunitaria.
Damos a benvida a Deportes Alvite como comercio adherido aos Costavales; esta tenda de deportes situada na Avda. Alfonso Molina nº 1, aceptará o 20 % dos pagamentos en Costavales.
En plena Campaña de Promoción do Comercio Local na que regalamos 10 Costavales por descargar a nosa App , pretendemos incentivar as compras nos comercios do noso entorno. Esta campaña estará vixente ata o 30 de abril de 2019.
Para calquera usuario que queira darse de alta na Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales so ten que entrar na nosa web a través do enlace http://www.costavales.com/blog/descargate-nuestra-app/ e descarga gratis a nosa aplicación. Automáticamente regalámosche 10 Costavales para gastar no comercio local.
Damos a benvida a un novo comercio adherido aos Costavales : Cenor Santa Comba. Esta tenda situada na Rúa Lugo, 33 – baixo, está adicada á venda de todo tipo de electrodomésticos e presta servicio técnico á domicilio en tódalas marcas. Aceptará o 50 % dos pagamentos en Costavales.
En plena Campaña de Promoción do Comercio Local na que regalamos 10 Costavales por descargar a nosa App , pretendemos incentivar as compras nos comercios do noso entorno. Esta campaña estará vixente ata o 30 de abril de 2019.
Para calquera usuario que queira darse de alta na Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales so ten que entrar na nosa web a través do enlace http://www.costavales.com/blog/descargate-nuestra-app/ e descarga gratis a nosa aplicación. Automáticamente regalámosche 10 Costavales para gastar no comercio local.
Damos a benvida a tres novos comercios adheridos aos Costavales: Infozone Ordenadores, Imprenta 42 Lineas e Psi Terapia e Formación.
Infozone Ordenadores, situada na Rúa Pontevedra, 26 -Baixo, adicada é servizo técnico de ordenadores e venda de equipos informáticos e consumibles, aceptará o 50 % do seu pagamento en Costavales.
Imprenta 42 Lineas, adicada á Publicidade e Imprenta e situada na Avda. Alfonso Molina, 92, aceptará o 100 % dos pagos en Costavales.
Psi Terapia e Formación, situada na Perpendicular C/Lugo, s/n. Portal 3 – Baixo, presta servizos de de apoio educativo e atención psicoeducativa; xestión de actividades educativas e de ocio, clases extraescolares, campamentos e obradoiros.
En plena Campaña de Promoción do Comercio Local na que regalamos 10 Costavales por descargar a nosa App , pretendemos incentivar as compras nos comercios do noso entorno. Esta campaña estará vixente ata o 30 de abril de 2019.
Para calquera usuario que queira darse de alta na Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales so ten que entrar na nosa web a través do enlace http://www.costavales.com/blog/descargate-nuestra-app/ e descarga gratis a nosa aplicación. Automáticamente regalámosche 10 Costavales para gastar no comercio local.
Damos a benvida a Hola MOBI Santa Comba como comercio adherido aos Costavales. Esta tenda situada na Rúa Xosé Ferrero, 21, adicada a Telefonía Móbil e Accesorios, aceptará o 100 % do seu pagamento en Costavales.
En plena Campaña de Promoción do Comercio Local na que regalamos 10 Costavales por descargar a nosa App , pretendemos incentivar as compras nos comercios do noso entorno. Esta campaña estará vixente ata o 30 de abril de 2019.
Para calquera usuario que queira darse de alta na Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales so ten que entrar na nosa web a través do enlace http://www.costavales.com/blog/descargate-nuestra-app/ e descarga gratis a nosa aplicación. Automáticamente regalámosche 10 Costavales para gastar no comercio local.
A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de marzo, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento o Concello de Santa Comba, Deputación da Coruña e Abanca.
No evento participan maiormente empresas locais de diferentes sectores: gastronomía, comercio retallista en xeral (textil, zapatería, librería, ortopedia, óptica, parafarmacia, agricultura,…), hostelería, servizos, automoción, ocio infantil e artesanía; pero tamén se achegan expositores foráneos procedentes de diversos puntos da xeografía española.
A Asociación Costavales persegue con esta actividade activar a economía e o comercio local e incentivar a presencia de empresas foráneas, xa que se lle ofrece ao visitante unha grande variedade de produtos e servizos, concentrado nun único espazo e complementado con actividades de ocio e hostelería. Todo isto nunhas condicións máis ventaxosas do habitual e nun recinto cunha superficie de 3.200 m2.
A que esperas para usares os costavales ti tamén?