“Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”

  • 2

“Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”

Tags : 

A Asociación Costavales embárcase nun novo proxecto que pretende, por un lado, recuperar os camiños xacobeos marítimos que dende sempre comunican os portos da Costa da Morte con Santiago de Compostela e, por outro lado, un itinerario post-xacobeo que permite a extensión da peregrinación xacobea á Fisterra e Muxía. Esta vía conecta Santiago coa costa a través da ponte de  Portomouro e a meseta do Xallas, deixando ao seu paso unha serie de recursos patrimoniais e paisaxísticos que debemos poñer en valor.

O traballo de investigación foi encomendado a Don André Pena Granha (Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela) e a Don Joam Evans Pim  (Doutor en Ciencias Sociais pola Universidade Abo Akademi de Finlandia), e recóllese na obra “Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”. A obra expón os fundamentos históricos, arqueolóxicos, arquitectónicos, culturais, relixiosos e antropolóxicos que respaldan a xacobeidade destes camiños. Publicarase en galego, castelán e portugués.

Edición en galego

Edición en castelán

Edición en portugués


2 Comments

Beatriz Pin Díaz

Setembro 10, 2021a 9:41 p.m.

Moitod parabéns! Gústame a portada. Por dentro, espero poder lelo pronto.

    Asociación Costavales

    Setembro 11, 2021a 11:48 a.m.

    Moitas grazas !!! Esperamos que che guste !!! Saúdos !!!

Deixa unha resposta a Beatriz Pin Díaz Cancelar a resposta

A que esperas para usares os costavales ti tamén?