Costavales estreará aplicación móbil
Os Costavales circulan por Santa Comba dende mediados de 2015; coa intención de dar un paso máis neste proxecto e vendo a necesidade de adaptalo ao uso das novas tecnoloxías, pensamos nunha aplicación móbil para o uso dos Costavales (ou Costavale electrónico). Coidamos que é unha maneira de chegar a máis xente e facilitar o seu uso. Próximamente faremos probas entre un grupo reducido de comercios e, en caso de éxito, trataremos de implantar dita aplicación neste e noutros concellos.
A aplicación levará o nome da súa plataforma informática: Clickcoin.
Ata agora os Costavales só se podían atopar en papel, pero coidamos que ao longo do segundo trimestre de 2017 poderemos realizar intercambios electrónicamente. Para poder utilizalos teremos que baixar a App Costavales e ir a un comercio que acepte Costavales e cambiar euros por Costavales, os cales se ingresarán directamente no moedeiro electrónico. O feito de que unha moeda sexa electrónica conleva innumerables vantaxes; por exemplo, é moito máis sinxela a súa xestión, o cal facilita que se extenda o seu uso.
Tratarase dunha tecnoloxía moi sinxela; “o seu funcionamento basearase no mesmo sistema que o Whatsapp: seleccionase o usuario e envíaselle unha mensaxe coa cantidade de Costavales que queiras transferirlle. Éste recibe a mensaxe e cárganselle os Costavales enviados na súa conta”.
Tan sinxelo como descargar a app Costavales desde Google Store para teléfonos Android ou desde Apple Store para Iphone e mandar un correo a consultas@costavales.com solicitando a alta e achegando un nome e un número de móbil.
Na oficina da Asociación Costavales poderase conseguir Costavales electrónicos a cambio de euros ou de Costavales en papel; tamén se poderán obter en calquera dos comercios e empresas adheridas, sempre e cando teñan saldo na súa conta.
Preguntas frecuentes
¿Cómo facerse usuario do e-Costavale?
Tan sinxelo como descargar a App Costavales desde Google Store para teléfonos Android ou dende Apple Store para Iphone e enviando un correo a consultas@costavales.com achegando un nome e un móbil, ou tamén por whatsapp. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal que o usuario poderá cambiar.
¿Cómo ser empresa que acepta e-Costavales?
De igual xeito que os usuarios descargando a App Costavales e dándose de alta, pero para aparecer no directorio de empresas na web de Costavales deberá solicitalo enviando un correo a consultas@costavales.com.
¿Cómo se conseguerán e-Costavales ?
Comprándoos na Oficina da Asociación a cambio de Euros ou de Costavales en papel (ou tamén mediante unha transferencia bancaria). Tamén se poderán obter en calquera dos comercios e empresas adheridos, sempre e cando o comercio en cuestión teña saldo na súa conta de Costavales electrónicos.
¿Cómo usar os e-Costavales?
Os Costavales electrónicos utilizaranse facendo pagos con eles a través da aplicación Costavales, que está baseada no Whatsapp; así para facer un pago simplemente teremos que elixir entre os comercios da rede ou da nosa lista de contactos, a quén llo queremos facer e mandarlle unha mensaxe coa cantidade que queremos aboarlle.
¿Poderanse recuperar os Euros?
Si, pero so por parte das empresas e dos comercios adheridos. Poderán recuperar o 90 %, xa que o 10% restante precisaxe para que o sistema siga funcionando e se segan establecendo relacións comerciais.
¿Haberá que pagar algunha cota?
Non, non haberá que pagar unha cota para participar no Costavale electrónico, pero obviamente hai uns costes para manter vivo o sistema, como son o mantemento da aplicación.
¿Cómo se sosterá económicamente o sistema?
Sosterase mediante aportacións que fan todos e cada un dos participantes no proxecto. Esta aportación será do 0,5 % do saldo medio do mes anterior.
¿Cómo se calcula o saldo medio mensual?
Súmase o saldo de Costavales que había na conta cada día do mes e dividese entre o número de días do mes.
¿Qué vantaxes teremos como usuario?
Por un lado recuperas o control sobre a moeda, xa que non dependes do Euro para realizar transaccións no teu entorno; por outro lado estás facendo máis forte a pequena e mediana empresa da túa localidade reconstruindo a vida do barrio e da comunidade. Poderá disfrutar de promocións directas por parte dos comercios adheridos.
¿Qué vantaxes teremos como empresa?
Crease un vínculo entre a empresa e os clientes, xa que ambolos dous comparten uns valores e uns obxectivos, e ampliase a rede de clientes ó incluirse nesta as empresas que comparten o uso do Costavale electrónico. Poderá facer promocións directas aos seus clientes.
¿Quén poderá formar parte do e-Costavale?
Todo aquel usuario, asociación e empresa que o desexe.
¿Qué é o e-Costavale e en qué se diferencia do euro?
O Costavale é unha ferramenta pensada para incentivar a economía local. Cada Costavale é un Euro que se mantén circulando e polo tanto xerando riqueza no noso entorno. Un Costavale nunca sairá da economía de cercanía para ir a engrosar as contas dunha multinacional ou un gran banco.
¿Onde van os Euros que cambio por e-Costavales?
Ó Fondo de Garantía que permanece ingresado nunha conta de “La Caixa”.
¿Pago o IVA se pago con e-Costavale?
Por suposto que sí. Un Costavale é un Euro en todo momento a efectos contables e fiscais. E dicir, non é unha nova moeda que se crea da nada, senon unha forma de pago diferente acordada entre os establecementos adheridos, polo tanto debe contabilizarse como o faríamos se cobrásemos en efectivo.
¿Onde podo usar os meus e-Costavale?
En toda a rede de comercios e empresas que se pode consultar na nosa web e na propia aplicación.
¿Son seguras as transaccións?
Tan seguras como calquera outro sistema de pago informático. Para asegurarse diso a empresa Clickoin, que é o proveedor da nosa plataforma informática, encargase de manter os datos nun servidor especial con medidas reforzadas para a seguridade e para evitar a saturación.
¿Qué fago se me rouban o móbil?
O primeiro activar a túa conta de Costavales desde calquera outro dispositivo e cambiar o contrasinal, para evitar que poida ser utilizada fraudulentamente, e de calquera xeito, comunicalo ó noso correo para que sexa bloqueada momentánemante ata que se solucione a incidencia.
Qué servizos ofrece e-Costavale?
Cos Costavales e o e-Costavale, a Asociación Costavales pon a disposición da sociedade unha ferramenta para axudar a fortalecer tanto a economía coma os lazos comunitarios nos nosos concellos e comarcas.
Esto faise a través dunha oferta de servizos a Concellos e institucións públicas e privadas para conseguir manter o diñeiro circulando no noso entorno e darlle ós euros un uso máis social co que tiñan previamente concebido.
Tanto Concellos coma outras institucións teñen a capacidade de xerar riqueza no seu entorno, gracias as inversións que realizan e a axudas, premios ou bonificacións que distribúen. O que ofrece Costavales é unha ferramenta para facer que ese diñeiro realmente se dirixa ás empresas e comercios locais e se manteña durante máis tempo circulando, convertíndose en diñeiro de circuito curto. Ademais apórtase transparencia ó gasto municipal e, en moitos casos, simplificación na súa xestión.
Creamos unha rede propia de comercios, empresas e asociacións, e analizamos conxuntamente cos responsables da institución, qué extratexias de uso dos Costavales podemos por en marcha no seu caso en particular.
No caso de Concellos, temos dúas liñas de traballo cun mesmo obxectivo, pero diferentes implicacións:
- Promoción directa do comercio e empresas locais. A proposta consiste en utilizar parte do presuposto para este concepto, do que dispoña o Concello, para a creación dun bono-Costavale, de tal maneira que se unha persoa usuaria de Costavales decide comprar un destes bonos tería que pasar por un dos comercios do municipio adheridos a Costavales e solicitalo. Se o bono ten un valor de 50 €uros, o usuario abona 40 €uros ó comercio e o sistema transfire 40 Costavales dende a conta do comercio á conta do usuario, e 10 Costavales máis como bonificación dende o fondo presupostado. Cada €uro deste fondo permite redirixir 5 €uros ó comercio e empresas locais.
- Promoción indirecta do comercio e empresas locais. Bonificacións, premios, subvencións, outras axudas, salarios, etc… Calquera tipo de gasto que sexa susceptible de revertir no texido empresarial do municipio pode realizarse utilizando Costavales como medio de pago, na súa totalidade ou nunha porcentaxe determinada. Esto conleva que o diñeiro xestionado polo concello revirta directamente no local e ademais, que se visualice e se cuantifique este proceso.
Dentro deste apartado ofrecemos un servizo concreto para a distribución de axudas de emerxencia social, adaptando o sistema ó modus operandi do departamento encargado de xestionalas. Trátase de poñer en mans dos beneficiarios deste tipo de axudas parte ou todo o diñeiro que lles corresponda a través da súa conta en Costavales, de tal xeito que só poderán gastalo nos comercios do municipio cos que previamente se acordara.
1 Comment
A moeda Costavales de Santa Comba estreará aplicación móbil de seu | Código.gal
Xuño 3, 2016a 12:51 p.m.[…] moeda que circula no concello de Santa Comba, os Costavales, terá aplicación móbil de seu. Así nolo contan os propios impulsores da iniciativa dende o seu blog (os integrantes da […]