Xestión do sistema dos costavales

A entidade encargada de gobernar, controlar, dirixir, regular, dinamizar, e difundir o funcionamento dos costavales, así como da súa posta en circulación e contabilidade, será a Asociación Costavales (ACv), con sede en Santa Comba, provincia de A Coruña.

A interpretación das normas incluídas neste Regulamento será responsabilidade exclusiva da ACv.

Este Regulamento remite aos Estatutos desta nova asociación para máis información acerca dos seus fins e funcionamento.

VOLVER AO ÍNDICE