Seguridade dos vales

Os costavales fisicamente son papeis impresos cunhas determinadas medidas de seguridade para dificultar a súa falsificación. Será responsabilidade de cada usuario e cada entidade aceptadora comprobar estas medidas antes de aceptalos. Se algunha persoa ou entidade acepta un vale falso, a ACv denega toda responsabilidade acerca del e o seu posuidor ou posuidora non poderá en ningún caso convertelo a euros e deberá comunicalo e entregalo no local da ACv para que esta tome as medidas pertinentes. Queda expresamente prohibido continuar facendo circular costavales falsos como medio de pagamento ou troco.

Para evitar os costavales falsos, cada usuario/a debe coñecer as seguintes características dos vales:

  • As denominacións de valor dos vales son limitadas e están recollidas en cada momento na páxina de descrición dos vales, onde tamén se poderán comprobar cales son os deseños gráficos de cada unha desas denominacións.
  • Cada vale terá unha numeración única impresa nel, é dicir, non pode haber dous vales co mesmo número.
  • Cada vale estará asinado a bolígrafo azul pola persoa responsable da ACv.
  • Cada vale levará o selo da ACv en tinta violeta.
  • Cada vale leva impresa unha data de caducidade, máis alá da cal non será admitido polas entidades aceptadoras e deberá ser trocado por un vale novo no local da ACv.

A principal medida de seguridade dos cv vai implícita no feito de requeriren para a súa validez unha cuñaxe periódica ao longo dun tempo máximo marcado pola súa data de caducidade. Vid. Caducidade e cuñaxe periódica.

VOLVER AO ÍNDICE