Respaldo dos costavales

Os costavales estarán respaldados polo 90% dos euros empregados na súa posta en circulación, quedando o 10% de diferenza para cubrir custos de administración. É dicir a súa convertibilidade a euros, nun 90% do seu valor, queda asegurada pola ACv desde o mesmo momento en que comezan a circular.

Así p.ex., dos 100 euros que se empregan para obter e poñer en circulación 100 cv, 90 quedarían en depósito para facer fronte a futuras solicitudes de conversión, e outros 10 euros empregaríanse para gastos de xestión da ACv. Ese depósito denomínase Fondo de Garantía dos Costavales. A ACv será a responsable de custodiar ese depósito.

VOLVER AO ÍNDICE