Modificacións a este Regulamento

A ACv poderá unilateralmente proceder á modificación das normas recollidas neste Regulamento, co fin de mellorar o funcionamento dos vales e corrixir potenciais problemas que se detecten co seu uso. En caso de realizar algunha modificación importante, especialmente se afecta á convertibilidade a euros dos cv, a ACv estará obrigada a ofrecer ás entidades aceptadoras dos vales a posibilidade de convertelos nas condicións anteriores durante un periodo limitado de 15 días, antes da entrada en vigor das novas normas, para aquelas entidades que non estean de acordo coas novas normas. Se están de acordo coas modificacións realizadas ao Regulamento non fai falta que fagan nada e poderán seguir usando e convertendo os cv segundo indiquen as novas normas. Para facilitar isto a ACv publicará en www.Costavales.com a información referida ás modificacións realizadas no Regulamento.

Dado que no será factible poñerse en contacto individualmente con todos os posuidores de vales, deberán ser estes os que periodicamente (como mínimo cada 15 días, recomendable cada semana) consulten ese web para estaren ao tanto de posibles modificacións e poder solicitar, no caso de que o prefiran e teñan dereito, a conversión a euros antes da entrada en vigor dese novo Regulamento.

Para facilitar a rápida transmisión desta información, a ACv poñerá en marcha un boletín de correo electrónico ao que todos os participantes no sistema que quieran poderán subscribirse para así poder recibir puntuais informacións sobre variacións no funcionamento dos cv ou calquera outra situación que afecte ao seu uso.

VOLVER AO ÍNDICE