Definición de termos

A efectos deste regulamento entenderase por:

  • Costavale: Vale de desconto descrito neste documento. Tamén se empregará a abreviatura cv ou simplemente se citarán como vales.
  • Regulamento: O presente conxunto de normas que definen o funcionamento do sistema dos costavales.
  • Usuarios: Persoas que fan uso dos costavales, nomeadamente para trocalos nas entidades aceptadores por produtos ou servizos ou usalos como desconto parcial na súa compra.
  • Posuidores: Usuarios e entidades que dispoñen de costavales.
  • Sistema dos costavales: Conxunto de entidades e persoas participantes, os propios vales, o conxunto de normas que regulan o seu uso e as relacións estabelecidas entre todos estes elementos.
  • AESC: Asociación de Empresarios de Santa Comba, entidade promotora do sistema dos costavales.
  • Asociación Costavales (ACv): Entidade encargada da dirección, control e xestión do sistema de vales aquí descrito. Organización sen ánimo de lucro de nova creación, impulsada pola AESC e adicada á xestión e potenciación do sistema dos costavales e da custodia e xestión do FGCv.
  • Entidade participante ou entidade aceptadora: Comercio, empresa, organización, profesional ou outra persoa particular que acepta costavales en pagamento total ou parcial por algún produto ou servizo e que asina o Contrato de Adhesión ao Sistema dos Costavales, e que ten dereito á súa conversión a euros.
  • Contrato de Adhesión ao Sistema dos Costavales (CASCv): Documento que deben asinar as entidades aceptadoras de cv e que regula tanto a súa aceptación como desconto nas compras realizadas nelas como a súa convertibilidade a euros. Este acordo asínase coa ACv e nel especifícanse os deberes e dereitos de cada unha das partes, en forma de contrato.
  • Fondo de garantía dos costavales (FGCv): Diñeiro procedente da adquisición e posta en circulación dos vales que permanece despositado na ACv ou nunha conta bancaria, e dispoñible en todo momento para facer fronte ás solicitudes de conversión a euros, equivalente ao 90% do importe dos cv postos en circulación.
  • Conversión: Obtención de euros en troca da entrega de costavales.
  • Posta en circulación ou emisión: Proceso mediante o cal a ACv entrega os cv a outro participante e mediante o que se pon en marcha a súa circulación e uso.

VOLVER AO ÍNDICE