Táboa de Contidos
Regulamento xeral dos costavales
Índice de contidos
Acerca deste regulamento
O presente regulamento define as normas de uso do sistema de vales comerciais de desconto coñecido como costavales (también abreviados neste regulamento como cv). A referencia para calquera interpretación no seu uso será a última versión deste documento que estea en cada momento publicada no sitio web http://www.Costavales.com.
A utilización dos costavales en calquera das formas aquí descritas implica a aceptación deste conxunto do normas.
Outros
Este Regulamento limítase a delimitar as normas de uso e as condicións que aceptan os participantes no sistema dos cv, debendo complementarse co CASCv para o caso das entidades aceptadoras. Para calquera outro tipo de información, exemplos de utilización, outras maneiras de conseguilos, beneficios sociais e vantaxes particulares do seu uso, etc. deberán as persoas interesadas consultar este sitio de Internet (http://www.Costavales.com) ou poñerse en contacto coa ACv.
Costavales é unha marca rexistrada da Asociación Costavales.
Para calquera consulta, vai para a sección de Contacto.