Únete aos costavales

Vantaxes de te unires aos costavales

  1. Fidelizar e aumentar clientes: se os teus clientes teñen costavales e saben que ti os aceptas, terán interese en gastalos no teu comercio antes ca irse a un da competencia que non os use (por exemplo, un comercio de fóra da comarca).
  2. A vantaxe sobre un clásico cupón de desconto é que cando o cliente cho entrega pode servirche para pagar algúns dos teus fornecedores que tamén sexan da zona e que tamén participen do sistema.
  3. A seguridade de que os poderás converter en euros en calquera momento, se che fai falla. Poderás recuperar o 90 % do saldo que teñas nese momento, xa que o 10 % restante precísase para que o sistema siga funcionandoe se segan establecendo relacións comerciais.
  4. Publicidade de balde, pois o sistema difunde por diversos medios (Internet, propaganda impresa, etc.) cales son os comercios que os aceptan. Existirá neste mesmo web un directorio organizado por sectores e por concellos, onde se poderá consultar en todo momento cales son os negocios que aceptan costavales e con qué condicións (100% dos pagamentos ou menos, en qué produtos, por qué importes mínimos ou máximos, etc.).
  5. Eludirás parcialmente a competencia por un diñeiro escaso. É dicir, os euros non sobran precisamente nestes tempos: os bancos non dan créditos, e 1.000 euros que consega un negocio irán axiña para fóra vía impostos, fornecedores doutros lugares, salarios de non residentes, etc… Porén, 1.000 euros que se convirtan en 1.000 costavales estarán sempre circulando pola zona e será máis doado que volvan ao teu negocio.
  6. Axudarache a tecer ligazóns comerciais locais con outros negocios participantes, que se cadra antes optaban por comerciaren con empresas do exterior, tendo outras equivalentes na súa contorna, coma a túa.
  7. Os custos a maiores que che dea usares costavales son realmente pequenos en comparación con todas estas vantaxes. Se aceptas costavales e nunca os precisas converter a euros, senón que os empregas para pagar aos teus traballadores ou fornecedores, o custo de participación será nulo para eles (agás a cota de entrada). Non hai taxas que pagar cada mes ou cada ano, non hai cargos ás transaccións, etc.
  8. Tamén se prevé celebrar feiras específicas para promocionar os costavales onde se xuntarán diversos comerciantes que venden en costavales, e onde as persoas e outros negocios que os posúan saben que atoparán diversas oportunidades onde gastalos. Deste xeito, poténciase a función comercial do vale, concentrando operacións con eles en datas e lugares, que poderán ser itinerantes polos diversos concellos da Costa da Morte.

Formulario de solicitude de adhesión aos costavales

    Nome da empresa (obrigatorio)

    Nome do contacto (obrigatorio)

    O teu email (obrigatorio)

    O teu web

    Concello

    Enderezo (rúa e número)

    Tipo de empresa

    Observacións


    Deixa un comentario

    A que esperas para usares os costavales ti tamén?