Tags : actos asociación concello costavales economía FECOM manuel casal moedas complementarias moedas locais Ponteceso prensa presentación santa comba usc xoán doldán
Este venres 16 de outubro terá lugar o acto de lanzamento oficial dos Costavales e da Asociación Costavales, da man da entidade impulsora: a Asociación de Empresarios de Santa Comba.
O acto terá lugar no Salón de actos do Edifición multiusos de Santa Comba, ás 21:00 h, e contará coa presenza de autoridades, medios de comunicación e de Xoán Ramón Doldán García (profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela) e mais de Manuel Casal Lodeiro, asesor en moedas complementarias.
É preciso confirmar asistencia previamente no noso teléfono ou correo electrónico de contacto.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba presentará oficialmente neste acto os Costavales, un sistema de vales para utilizar nos comercios adheridos a este proxecto. Co obxectivo de que se extendan por toda a Costa da Morte, pretende ser unha ferramenta para fidelizar clientes nos comercios locais, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, axudar ás necesidades da poboación máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitario.
O proxecto conta co apoio da FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte), e coa participación do Concello de Santa Comba, o Concello de Ponteceso e tamén da Asociación de Empresarios desta localidade.
(Difunde o evento en Facebook!)