Arquivos da etiqueta: santa comba

  • 0

Campaña de Nadal 2015

Tags : 

Campaña de Nadal 2015

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.

Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.

No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.

No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.

Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.

 


  • 0
Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

Presentamos os costavales en sociedade este venres 16

Tags : 

Este venres 16 de outubro terá lugar o acto de lanzamento oficial dos Costavales e da Asociación Costavales, da man da entidade impulsora: a Asociación de Empresarios de Santa Comba.

O acto terá lugar no Salón de actos do Edifición multiusos de Santa Comba, ás 21:00 h, e contará coa presenza de autoridades, medios de comunicación e de Xoán Ramón Doldán García (profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela) e mais de Manuel Casal Lodeiro, asesor en moedas complementarias.

É preciso confirmar asistencia previamente no noso teléfono ou correo electrónico de contacto.

Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

A Asociación de Empresarios de Santa Comba presentará oficialmente neste acto os Costavales, un sistema de vales para utilizar nos comercios adheridos a este proxecto. Co obxectivo de que se extendan por toda a Costa da Morte, pretende ser unha ferramenta para fidelizar clientes nos comercios locais, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, axudar ás necesidades da poboación máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitario.

O proxecto conta co apoio da FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte), e coa participación do Concello de Santa Comba, o Concello de Ponteceso e tamén da Asociación de Empresarios desta localidade.

(Difunde o evento en Facebook!)


  • 0

Seromavi e Tanara Shop, novos comercios adheridos

Tags : 

A pasada semana uníronse aos costavales dous novos negocios de Santa Comba: Tanara Baby shop (puericultura e roupa de nenos e nenas) e SEROMAVI (almacén de materiais de construción). Dámoslles a benvida e informamos de que Tanara acepta o 50% do importe das compras en costavales e Seromavi, o 100%.

Tedes os datos para contactardes con eles, nas súas respectivas páxinas dentro do noso web: SEROMAVI e Tanara.


  • 0

Números premiados no sorteo de 1.500 costavales do 18 de setembro

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 15 premios de 100 costavales cada un, entre as persoas que recibiran os boletos como agasallo nas compras realizadas en diversos comercios da localidade. Velaquí a listaxe de números que resultaron afortunados e que recibirán cada un 100 costavales para mercar nos estabelecementos participantes no noso sistema:

Número Quen o repartiu
02.186 Arco Iris
04.157 Hotel Xallas
04.270 A Landra
04.814 Cepsa Santa Comba
05.604 Citania Interiorismo
06.267 Casa Lois
07.007 Zapatería Andares
09.055 A Casa da Carne
17.158 Electrodomésticos Sampedro
17.579 Cafetería Talladas
23.538 Ferralla do Xallas
24.922 Talleres Jarama
28.365 Clínica Dental Erwin
33.909 Foto Teca
39.044 Pisotones

Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)

Lembramos que para recoller o premio (os 100 costavales) hai que pasar polas oficinas da Asociación de Empresarios (Rúa Pontevedra nº 9 — Santa Combra, de luns a venres en horario de 10 a 14 h) e que o derradeiro día para recollelos será o 31/10/2015.


  • 0

Novas adhesións aos costavales neste final de verán

Tags : 

Ao longo deste verán, novos comercios de Santa Comba se adheriron aos costavales, aceptándoos en diversa medida para as compras que realicemos neles, elevando o número total de adheridos a 16 participantes, cifra que segue a medrar.

As últimas incorporacións (indicando os costavales que aceptan) foron:

Lembra que na nosa páxina de participantes tes a listaxe completa xunto cun plano de Santa Comba para os localizares.

Boas compras cos teus costavales!


  • 0
Anverso do billete de 2 costavales (ESPÉCIME)

Ata o 50% en costavales nas túas compras en Milar Sampedro e Marcapel

Tags : 

Desde hoxe poderás pagar ata o 50% das túas compras en Marcapel e mais en Electrodomésticos Milar Sampedro cos teus costavales. Lembra que tes toda a lista actualizada de comercios que os aceptan, neste mesmo web.


  • 0

A zapataría Pisotones modifica as súas condicións de aceptación de costavales

Tags : 

Damos aviso de que a partir de hoxe, a tenda de calzado infantil e xuvenil, pasa a aceptar o 50% de cada pagamento en costavales.

icon-car.png
Pisotones

cargando mapa - por favor, espere...

Pisotones 43.032644, -8.810234 Pisotones.

  • 0

Ponse en marcha o sorteo de 1.500 costavales nos comercios de Santa Comba

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema de Merca no teu pobo, sairás gañando coa que pretende darlle pulo ao comercio local, e para a que vén de poñer en circulación 1.500 costavales que serán sorteados entre os clientes dos diversos comercios participantes.

As persoas que realicen compras nestes comercios, recibirán boletos que lles darán dereito a participar no sorteo de 15 premios de 100 costavales. O sorteo terá lugar ás 12 h do día 18 de setembro no Colexio Público Barrié de la Maza, e as persoas gañadoras deberán recoller os seus premios antes do día 31 de outubro na sede da Asociación de Empresarios de Santa Comba. Os números gañadores tamén serán anunciados no web dos Costavales, na nosa páxina en Facebook e mais na da Asociación de Empresarios.

cartaz-veran-2015-empresarios-santa-comba-sorteo-costavales-w1400


A que esperas para usares os costavales ti tamén?