Participantes non comerciais
Coa incorporación do Concello de Santa Comba e de Cáritas parroquial, xa son tres as entidades non lucrativas que participan dunha ou outra maneira no sistema dos costavales. Xa que logo, vimos de introducir unha diferenciación na nosa listaxe de participantes, entre aquelas entidades comerciais (empresas, comercios e profesionais) e as non lucrativas (ONGs, entidades deportivas, administración pública, etc.).
O Concello de Santa Comba comprometeuse a promocionar os costavales e a entregar os premios que conceda usando os nosos vales. Cáritas, pola súa banda, aceptará doativos tamén en costavales. A outra entidade —e primeira non lucrativa en aceptalos— lembramos que é o Xallas F.C.
Próximamente iremos anunciando novas entidades que se van incorporando aos costavales.