Arquivos da etiqueta: costavales

  • 0

Campaña de Nadal 2015

Tags : 

Campaña de Nadal 2015

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.

Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.

No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.

No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.

Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.

 


  • 0

Os Costavales preséntanse en Ponteceso

Tags : 

Mañán xoves, 12 de novembro, ás 21:00 h preséntanse os Costavales e a Asociación Costavales na sede da Asociación de Empresarios de Ponteceso, sita na Rúa Bergantiños, 2 – Entresollado.

Contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán García, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, natural de Ponteceso, e que xa nos acompañara na presentación oficial dos Costavales en Santa Comba.

Deste xeito, a Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ó proxecto Costavales, dando a coñecer o sistema aos seus socios coa finalidade de que poidan utilizalos o maior número de comercios posible.


  • 0
Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

Presentamos os costavales en sociedade este venres 16

Tags : 

Este venres 16 de outubro terá lugar o acto de lanzamento oficial dos Costavales e da Asociación Costavales, da man da entidade impulsora: a Asociación de Empresarios de Santa Comba.

O acto terá lugar no Salón de actos do Edifición multiusos de Santa Comba, ás 21:00 h, e contará coa presenza de autoridades, medios de comunicación e de Xoán Ramón Doldán García (profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela) e mais de Manuel Casal Lodeiro, asesor en moedas complementarias.

É preciso confirmar asistencia previamente no noso teléfono ou correo electrónico de contacto.

Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

A Asociación de Empresarios de Santa Comba presentará oficialmente neste acto os Costavales, un sistema de vales para utilizar nos comercios adheridos a este proxecto. Co obxectivo de que se extendan por toda a Costa da Morte, pretende ser unha ferramenta para fidelizar clientes nos comercios locais, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, axudar ás necesidades da poboación máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitario.

O proxecto conta co apoio da FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte), e coa participación do Concello de Santa Comba, o Concello de Ponteceso e tamén da Asociación de Empresarios desta localidade.

(Difunde o evento en Facebook!)


  • 0

Números premiados no sorteo de 1.500 costavales do 18 de setembro

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 15 premios de 100 costavales cada un, entre as persoas que recibiran os boletos como agasallo nas compras realizadas en diversos comercios da localidade. Velaquí a listaxe de números que resultaron afortunados e que recibirán cada un 100 costavales para mercar nos estabelecementos participantes no noso sistema:

Número Quen o repartiu
02.186 Arco Iris
04.157 Hotel Xallas
04.270 A Landra
04.814 Cepsa Santa Comba
05.604 Citania Interiorismo
06.267 Casa Lois
07.007 Zapatería Andares
09.055 A Casa da Carne
17.158 Electrodomésticos Sampedro
17.579 Cafetería Talladas
23.538 Ferralla do Xallas
24.922 Talleres Jarama
28.365 Clínica Dental Erwin
33.909 Foto Teca
39.044 Pisotones

Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)

Lembramos que para recoller o premio (os 100 costavales) hai que pasar polas oficinas da Asociación de Empresarios (Rúa Pontevedra nº 9 — Santa Combra, de luns a venres en horario de 10 a 14 h) e que o derradeiro día para recollelos será o 31/10/2015.


  • 0

Novas adhesións aos costavales neste final de verán

Tags : 

Ao longo deste verán, novos comercios de Santa Comba se adheriron aos costavales, aceptándoos en diversa medida para as compras que realicemos neles, elevando o número total de adheridos a 16 participantes, cifra que segue a medrar.

As últimas incorporacións (indicando os costavales que aceptan) foron:

Lembra que na nosa páxina de participantes tes a listaxe completa xunto cun plano de Santa Comba para os localizares.

Boas compras cos teus costavales!


  • 0

Ponse en marcha o sorteo de 1.500 costavales nos comercios de Santa Comba

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba vén de poñer en marcha unha campaña baixo o lema de Merca no teu pobo, sairás gañando coa que pretende darlle pulo ao comercio local, e para a que vén de poñer en circulación 1.500 costavales que serán sorteados entre os clientes dos diversos comercios participantes.

As persoas que realicen compras nestes comercios, recibirán boletos que lles darán dereito a participar no sorteo de 15 premios de 100 costavales. O sorteo terá lugar ás 12 h do día 18 de setembro no Colexio Público Barrié de la Maza, e as persoas gañadoras deberán recoller os seus premios antes do día 31 de outubro na sede da Asociación de Empresarios de Santa Comba. Os números gañadores tamén serán anunciados no web dos Costavales, na nosa páxina en Facebook e mais na da Asociación de Empresarios.

cartaz-veran-2015-empresarios-santa-comba-sorteo-costavales-w1400


  • 1

Vídeo animado de presentación dos costavales

Tags : 

No seguinte breve vídeo de animación pódese coñecer o fundamental do funcionamento dos costavales. Unha introdución para todos os públicos. Se queres saber máis podes consultar o resto de páxinas deste web ou poñerte en contacto connosco:


  • 0

As vantaxes de mercar con costavales

Tags : 

Os costavales non só ofrecen vantaxes para os comercios e empresas da Costa da Morte e para a economía xeral da bisbarra, senón que tamén as persoas consumidoras se beneficiarán ao usérenos:

  • Poder mercar con costavales permítelles aos clientes aforrar os euros para gastalos noutras cousas que inevitablemente haxa que pagar en diñeiro.
  • Ao ser conseguibles fóra do mercado laboral, son unha fonte de ingresos complementaria para moitas persoas, que lles permitiría mercar cousas necesarias na súa vida cotiá.
  • Ademais ten as vantaxes de calquera vale: p.ex., son útiles para facer agasallos cando non sabemos que comprar exactamente.

  • 0

Por que os costavales van axudar á Costa da Morte?

Tags : 

Os promotores dos costavales estamos convencidos de que ofrecen importantes vantaxes

…para a economía xeral da Costa da Morte

  • Os vales, ao contrario do diñeiro (euros), non circularán fóra da comarca: é dicir, non sairán da Costa da Morte e a riqueza xerada nas operacións en que se empreguen permanecerá na zona.
  • Fornece cun medio de conectar compradores e vendedores que doutro xeito non comerciarían por falta de diñeiro. Consolida e amplía redes comerciais a nivel da Costa da Morte.
  • Contribúe a consolidar a autosuficiencia da zona, ao xerar unha economía que circula máis internamente e se converte en menos dependente de bens e servizos exteriores. Aumentará, por tanto, a resiliencia económica e social.
  • Mobilizan recursos actualmente fóra do mercado laboral: p.ex. xente nova, parados, anciáns, etc. que teñen máis tempo ca diñeiro, e que poderían conseguir os vales en pagamento por pequenos traballos feitos para entidades da comarca, os cales lles servirían para gastar tamén na comarca.
  • Aumenta o poder de compra xeral da poboación da zona.
  • Cantas máis veces cambie de mans un costavale antes de ser cambiado por euros, máis potenciará a economía da Costa da Morte.

  • 0

O wiki dos costavales

Tags : 

Desde hai algún tempo tamén está en probas o wiki dos costavales, onde se pode consultar todo o regulamento oficial deste sistema de vales, permanentemente actualizado. Non deixedes de consultalo para calquera dúbida e detalle sobre o seu funcionamento.


A que esperas para usares os costavales ti tamén?