Arquivos da etiqueta: costa da morte

  • 0

Os Costavales preséntanse en Ponteceso

Tags : 

Mañán xoves, 12 de novembro, ás 21:00 h preséntanse os Costavales e a Asociación Costavales na sede da Asociación de Empresarios de Ponteceso, sita na Rúa Bergantiños, 2 – Entresollado.

Contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán García, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, natural de Ponteceso, e que xa nos acompañara na presentación oficial dos Costavales en Santa Comba.

Deste xeito, a Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ó proxecto Costavales, dando a coñecer o sistema aos seus socios coa finalidade de que poidan utilizalos o maior número de comercios posible.


  • 1

Vídeo animado de presentación dos costavales

Tags : 

No seguinte breve vídeo de animación pódese coñecer o fundamental do funcionamento dos costavales. Unha introdución para todos os públicos. Se queres saber máis podes consultar o resto de páxinas deste web ou poñerte en contacto connosco:


  • 0

Por que os costavales van axudar á Costa da Morte?

Tags : 

Os promotores dos costavales estamos convencidos de que ofrecen importantes vantaxes

…para a economía xeral da Costa da Morte

  • Os vales, ao contrario do diñeiro (euros), non circularán fóra da comarca: é dicir, non sairán da Costa da Morte e a riqueza xerada nas operacións en que se empreguen permanecerá na zona.
  • Fornece cun medio de conectar compradores e vendedores que doutro xeito non comerciarían por falta de diñeiro. Consolida e amplía redes comerciais a nivel da Costa da Morte.
  • Contribúe a consolidar a autosuficiencia da zona, ao xerar unha economía que circula máis internamente e se converte en menos dependente de bens e servizos exteriores. Aumentará, por tanto, a resiliencia económica e social.
  • Mobilizan recursos actualmente fóra do mercado laboral: p.ex. xente nova, parados, anciáns, etc. que teñen máis tempo ca diñeiro, e que poderían conseguir os vales en pagamento por pequenos traballos feitos para entidades da comarca, os cales lles servirían para gastar tamén na comarca.
  • Aumenta o poder de compra xeral da poboación da zona.
  • Cantas máis veces cambie de mans un costavale antes de ser cambiado por euros, máis potenciará a economía da Costa da Morte.

A que esperas para usares os costavales ti tamén?