Arquivos da etiqueta: concello

  • 0

Feira da Primavera

Tags : 

A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de marzo, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento o Concello de Santa Comba e ABANCA.

No evento participan maiormente empresas locais dos sectores textil, maquinaria agricola, automoción, gastronomía, hostalaría, ocio infantil, servizos, agricultura,…, pero tamén empresas foráneas e artesáns.


  • 0
Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

Presentamos os costavales en sociedade este venres 16

Tags : 

Este venres 16 de outubro terá lugar o acto de lanzamento oficial dos Costavales e da Asociación Costavales, da man da entidade impulsora: a Asociación de Empresarios de Santa Comba.

O acto terá lugar no Salón de actos do Edifición multiusos de Santa Comba, ás 21:00 h, e contará coa presenza de autoridades, medios de comunicación e de Xoán Ramón Doldán García (profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela) e mais de Manuel Casal Lodeiro, asesor en moedas complementarias.

É preciso confirmar asistencia previamente no noso teléfono ou correo electrónico de contacto.

Convite á presentación dos Costavales (16/10/2015)

A Asociación de Empresarios de Santa Comba presentará oficialmente neste acto os Costavales, un sistema de vales para utilizar nos comercios adheridos a este proxecto. Co obxectivo de que se extendan por toda a Costa da Morte, pretende ser unha ferramenta para fidelizar clientes nos comercios locais, aumentar os intercambios comerciais entre as propias empresas da comarca, axudar ás necesidades da poboación máis desfavorecida ou facer de reclamo publicitario.

O proxecto conta co apoio da FECOM (Federación de Empresarios da Costa da Morte), e coa participación do Concello de Santa Comba, o Concello de Ponteceso e tamén da Asociación de Empresarios desta localidade.

(Difunde o evento en Facebook!)


  • 0

Participantes non comerciais

Tags : 

Coa incorporación do Concello de Santa Comba e de Cáritas parroquial, xa son tres as entidades non lucrativas que participan dunha ou outra maneira no sistema dos costavales. Xa que logo, vimos de introducir unha diferenciación na nosa listaxe de participantes, entre aquelas entidades comerciais (empresas, comercios e profesionais) e as non lucrativas (ONGs, entidades deportivas, administración pública, etc.).

O Concello de Santa Comba comprometeuse a promocionar os costavales e a entregar os premios que conceda usando os nosos vales. Cáritas, pola súa banda, aceptará doativos tamén en costavales. A outra entidade —e primeira non lucrativa en aceptalos— lembramos que é o Xallas F.C.

Próximamente iremos anunciando novas entidades que se van incorporando aos costavales.


A que esperas para usares os costavales ti tamén?