Arquivos da etiqueta: clientes

  • 0

Números premiados no sorteo de 2.000 costavales no sorteo do 7 de xaneiro

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 2000 costavales, repartidos en 20 premios de  100 costavales cada un, dentro da Campaña de Nadal 2015.  Aquelas persoas que recibiron boletos como agasallos nas compras realizadas nos  comercios locais, poderán consultar aquí a listaxe dos premiados:

numerospremiados2000cvsnadal15

Lembramos que os afortunados poderán recoller o premio na oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba( Rúa Pontevedra, 9 -Entreplanta), de luns a venres en horario de 10 a 14 h. O prazo para recoller dito premio rematará o 7 de febreiro de 2016.


  • 0

Campaña de Nadal 2015

Tags : 

Campaña de Nadal 2015

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.

Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.

No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.

No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.

Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.

 


  • 0

As vantaxes de mercar con costavales

Tags : 

Os costavales non só ofrecen vantaxes para os comercios e empresas da Costa da Morte e para a economía xeral da bisbarra, senón que tamén as persoas consumidoras se beneficiarán ao usérenos:

  • Poder mercar con costavales permítelles aos clientes aforrar os euros para gastalos noutras cousas que inevitablemente haxa que pagar en diñeiro.
  • Ao ser conseguibles fóra do mercado laboral, son unha fonte de ingresos complementaria para moitas persoas, que lles permitiría mercar cousas necesarias na súa vida cotiá.
  • Ademais ten as vantaxes de calquera vale: p.ex., son útiles para facer agasallos cando non sabemos que comprar exactamente.

A que esperas para usares os costavales ti tamén?