Presentación

Os Costavales están inspirados nas moedas locais complementarias que están a funcionar en diversos lugares do mundo. É un sistema de intercambio complementario ó euro, que permite facer transaccións entre as persoas, entidades e comercios que os acepten.

É unha moeda exclusivamente dixital que se pode utilizar mediante unha aplicación móbil denomianda Clickoin.

Cal é o seu obxectivo?

  • Implantar unha ferramenta inexistente no noso territorio e favorecer o achegamento ás novas tecnoloxías.
  • Potenciar o comercio local e evitar que a riqueza producida na zona marche para fóra.
  • A defensa e potenciación do comercio de proximidade e da economía local.
  • Fortalecer a resiliencia e autosuficiencia da comunidade local.
  • Fidelizar clientes.
  • Favorecer o traballo en rede e o asociacionismo
  • Axudar ás necesidades da poboación local máis desfavorecida.
  • Ofrecer unha ferramenta aos Concellos para que as axudas sociais que se otorguen se redirixan ás empresas locais.

Os centros comerciais, os grandes supermercados e a venda on-line (e-commerce) están afectando ao comercio de proximidade. As rúas dos barrios e pobos desertízanse e menguan as relacións sociais, Trátase de fomentar a vida económica e social nas pequenas localidades e barrios.


Deixa un comentario

A que esperas para usares os costavales ti tamén?