
Os Costavales poderanse cuñar ata o 15 de febreiro de 2016.
Dado o novedoso do sistema e dado que apreciamos que aínda quedan Costavales sen cuñar, prorrogamos a data da cuñaxe ata o 15 de febreiro para que todos aqueles particulares e entidades posuidoras de Costavales, pasen polas nosas oficinas a cuñar os seus billetes.
Tal e como aparece no revereso de cada billete, a próxima cuñaxe será ao longo do mes de xuño de 2016. Non esquezades que os selos son imprescindibles para que os Costavales sexan aceptados.
O vindeiro venres, 22 de xaneiro, ás 21:00 horas terá lugar a presentación dos Costavales e da Asociación Costavales no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, sita na Rúa Carreira de San Mauro, 11 desta localidade.
O acto organizado pola Asociación ENe Empresarios de Negreira pretende dar a coñecer o proxecto Costavales aos seus socios, co ánimo de que cada vez máis concellos coñezan este sistema de vales inspirados nas moedas locais complementarias.
A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 2000 costavales, repartidos en 20 premios de 100 costavales cada un, dentro da Campaña de Nadal 2015. Aquelas persoas que recibiron boletos como agasallos nas compras realizadas nos comercios locais, poderán consultar aquí a listaxe dos premiados:
Lembramos que os afortunados poderán recoller o premio na oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba( Rúa Pontevedra, 9 -Entreplanta), de luns a venres en horario de 10 a 14 h. O prazo para recoller dito premio rematará o 7 de febreiro de 2016.
Os Costavales terán que cuñarse durante este mes de decembro
Durante o seu período de validez, cada Costavale deberá ser periódicamente levado a cuñar á Asociación Costavales.
O vale ten polo seu reverso un espazo para lle estampar un cuño cada 6 meses, sen coste algún. Os vales que non teñan os seus cuños ao día non serán válidos a efectos de troca nin a efectos de convertibilidade a euros.
Tal e como se recolle no regulamento, calquera particular ou entidade posuidora de Costavales que deixara pasar a data de cuñaxe periódica, e para que o vale volva a ter validez, deberán pagar unha taxa do 10 % do valor nominal do vale.
Campaña de Nadal 2015
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de poñer en marcha a Campaña de Nadal 2015 co lema:” Merca na túa vila … aquí regalamos ilusión”, co obxecto de dinamizar o comercio local.
Os boletos que regalarán os comercios locais daranlle a posibilidade aos seus clientes de participar en dous sorteos públicos que se celebrarán o 14 de Decembro e o 7 de Xaneiro, ás 12:00 horas, nas oficinas da Asociación de Empresarios.
No sorteo do 14 de decembro de 2015, sortearánse 50 Cestas de Nadal, e o prazo para recoller o premio rematará o 31 de Decembro de 2015.
No segundo sorteo, que se celebrará o 7 de Xaneiro de 2016, sortearánse 2.000 Costavales, repartidos en 20 premios de 100 Cv, e o prazo para recoller o premio rematará o 7 de Febreiro de 2016.
Os números gañadores serán publicados no web dos Costavales , no web da Asociación de Empresarios, na nosa páxina en Facebook e tamén no da Asociación de Empresarios.
Mañán xoves, 12 de novembro, ás 21:00 h preséntanse os Costavales e a Asociación Costavales na sede da Asociación de Empresarios de Ponteceso, sita na Rúa Bergantiños, 2 – Entresollado.
Contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán García, profesor titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, natural de Ponteceso, e que xa nos acompañara na presentación oficial dos Costavales en Santa Comba.
Deste xeito, a Asociación de Empresarios de Ponteceso súmase ó proxecto Costavales, dando a coñecer o sistema aos seus socios coa finalidade de que poidan utilizalos o maior número de comercios posible.
A que esperas para usares os costavales ti tamén?