Author Archives: Asociación Costavales

  • 0

Campaña de promoción do comercio local

Tags : 

A Asociación Costavales en colaboración coa Asociación de Empresarios pon en marcha unha Campaña de Promoción do Comercio  Local que estará vixente dende o 1 de febreiro ata o 30 de abril de 2019. A Campaña consiste en animar aos usuarios a descargar a Aplicación Clickoin para o uso dos Costavales; no momento de darse de alta regálanselle automáticamente 10 Costavales para gastar no comercio local.

 


  • 0

Feira do Outono

Tags : 

A Asociación Costavales organiza a Feira do Outono, que se celebrará os días 9, 10 e 11 de novembro, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento a Asociación de Empresarios de Santa Comba,  Concello e  Deputación da Coruña.

No evento participan maiormente empresas locais de diferentes sectores: gastronomía, comercio retallista en xeral (textil, zapatería, librería, ortopedia, óptica, parafarmacia, agricultura,…), hostelería, servizos, automoción, ocio infantil e artesanía; pero tamén se achegan expositores foráneos procedentes de diversos puntos da xeografía española.

A Asociación Costavales persegue con esta actividade activar a economía e o comercio local e incentivar a presencia de empresas foráneas, xa que se lle ofrece ao visitante unha grande variedade de produtos e servizos, concentrado nun único espazo e complementado con actividades de ocio e hostelería. Todo isto nunhas condicións máis ventaxosas do habitual e nun recinto cunha superficie de 3.200 m2.

 


  • 0

Optica Pose e Clinica Dental J. Manuel Pose Rodriguez, novas empresas adheridas aos costavales

Tags : 

Dúas novas empresas uníronse aos costavales: Optica PoseClinica Dental J. Manuel Pose Rodriguez . Dámoslles a benvida e informamos de que ámbolos dous aceptan o 100% dos pagamentos en costavales.

A App Costavales (Aplicación Móbil para o uso dos Costavales) ten como obxectivo mellorar o sistema dos vales impresos. O seu funcionamento basease no mesmo sistema que o Whatsapp e permite unha maior achega a tódolos usuarios do sistema, así como transaccións máis áxiles.

E tan sinxelo como descargar a App Costavales desde Google Store para Android, ou desde Apple Store para Iphone, e mandar un correo a consultas@costavales.com solicitando a alta. A plataforma denomínase Clickoin.

 


  • 0

I ENCONTRO LEADER GALICIA 2014-2020

Tags : 

I ENCONTRO LEADER GALICIA 2014-2020

Participación da Asociación Costavales no I Encontro Leader Galicia 2014-2020, celebrado en Concello do Pino, pertencente o Gdr Ulla Tambre Mandeo, co proxecto “Dinamización e impulso da economía local a través da Aplicación Móbil para o uso dos Costavales” cofinanciada polo Feader.

Un evento no que estaba presente a posta en común e o intercambio de experiencias, a interacción entre os participantes, unha maneira de visibilizar a labor e traballo de Agader, dos GDRs, dos diferentes actores locais e sobre todo o papel dos promotores e promotoras que cos seus proxectos e iniciativas contribúen a un mundo rural mais vivo e dinámico.


  • 0

Feira da Primavera 2018

Tags : 

A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de marzo, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento o Concello de Santa Comba, Deputación da Coruña e Abanca.

No evento participan maiormente empresas locais de diferentes sectores: gastronomía, comercio retallista en xeral (textil, zapatería, librería, ortopedia, óptica, parafarmacia, agricultura,…), hostelería, servizos, automoción, ocio infantil e artesanía; pero tamén se achegan expositores foráneos procedentes de diversos puntos da xeografía española.

A Asociación Costavales persegue con esta actividade activar a economía e o comercio local e incentivar a presencia de empresas foráneas, xa que se lle ofrece ao visitante unha grande variedade de produtos e servizos, concentrado nun único espazo e complementado con actividades de ocio e hostelería. Todo isto nunhas condicións máis ventaxosas do habitual e nun recinto cunha superficie de 3.200 m2.

 

 

 

 

 

 

 


  • 0

O FEADER cofinanciará o proxecto: “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales”, no marco da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.

Tags : 

A Asociación Costavales presentou no Agader, a través do GDR 19 – Terras de Compostela –  o proxecto denominado: “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales”, ao abeiro da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da convocatoria 2017-2018. Submedida 19.2.

O GDR 19 – Terras de Compostela – adxudicou a puntuación máxima a este proxecto,  dentro dos proxectos non produtivos presentados nesta convocatoria,  e será cofinanciado polo Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) co fin de promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.

O proxecto vaise a desenrolar en todo o  territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santa Comba, Teo, Boqueixón, Vedra e Santiago de Compostela (zonas rurais).

A implantación dunha aplicación móbil para a xestión dos Costavales que xa están a funcionar en soporte papel no Concello de Santa Comba, ten como obxectivo a mellora do sistema, xa que unha plataforma tecnolóxica online vai a supoñer unha  maior achega a tódolos usuarios do sistema, transaccións máis áxiles e maior control dos vales.

Os obxectivos do proxecto son:

  • Favorecer e impulsar a economía local
  • Fomentar o consumo de produtos locais
  • Favorecer a achega e o uso das novas tecnoloxías
  • Favorecer o traballo en rede, agrupación e o asociacionismo
  • A mellora social dos colectivos máis desfavorecidos
  • Ofrecer unha ferramenta aos Concellos para que as axudas de emerxencia social que se entreguen a colectivos desfavorecidos se redirixan ás empresas locais

 


  • 0

Feira da Primavera

Tags : 

A Asociación Costavales organiza a Feira da Primavera, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de marzo, no Recinto Feiral da vila. Colaboran no evento o Concello de Santa Comba e ABANCA.

No evento participan maiormente empresas locais dos sectores textil, maquinaria agricola, automoción, gastronomía, hostalaría, ocio infantil, servizos, agricultura,…, pero tamén empresas foráneas e artesáns.


  • 0

Números premiados no sorteo de 1.000 Costavales celebrado o 9 de xaneiro de 2017.

Tags : 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba celebrou onte o sorteo de 1000 costavales, repartidos en 10 premios de 100 costavales cada un, dentro da Campaña de Nadal 2016.  Aquelas persoas que recibiron boletos como agasallos nas compras realizadas nos  comercios locais, poderán consultar aquí a listaxe dos premiados.

Lembramos que os afortunados poderán recoller o premio na oficina da Asociación de Empresarios de Santa Comba (Rúa Pontevedra, 9 -Entreplanta), de luns a venres en horario de 10 a 14 h. O prazo para recoller dito premio rematará o 9 de febreiro de 2017.


  • 1

Costavales estreará aplicación móbil

Tags : 

Os Costavales circulan por Santa Comba dende mediados de 2015; coa intención de dar un paso máis neste proxecto e vendo a necesidade de adaptalo ao uso das novas tecnoloxías, pensamos nunha aplicación móbil para o uso dos Costavales (ou Costavale electrónico). Coidamos que é unha maneira de chegar a máis xente e facilitar o seu uso. Próximamente faremos probas entre un grupo reducido de comercios e, en caso de éxito, trataremos de implantar dita aplicación neste e noutros concellos.

A aplicación levará o nome da súa plataforma informática: Clickcoin. 

  Ata agora os Costavales só se podían atopar en papel, pero coidamos que ao longo do segundo trimestre de 2017 poderemos realizar intercambios electrónicamente. Para poder utilizalos teremos que baixar a App Costavales e ir a un comercio que acepte Costavales e cambiar euros por Costavales, os cales se ingresarán directamente no moedeiro electrónico. O feito de que unha moeda sexa electrónica conleva innumerables vantaxes; por exemplo, é moito máis sinxela a súa xestión, o cal facilita que se extenda o seu uso.

Tratarase dunha tecnoloxía moi sinxela; “o seu funcionamento basearase no mesmo sistema que o Whatsapp: seleccionase o usuario e envíaselle unha mensaxe coa cantidade de Costavales que queiras transferirlle. Éste recibe a mensaxe e cárganselle os Costavales enviados na súa conta”.

Tan sinxelo como descargar a app Costavales desde Google Store para teléfonos Android ou desde Apple Store para Iphone e mandar un correo a consultas@costavales.com solicitando a alta e achegando un nome e un número de móbil.

Na oficina da Asociación Costavales poderase conseguir Costavales electrónicos a cambio de euros ou de Costavales en papel; tamén se poderán obter en calquera dos comercios e empresas adheridas, sempre e cando teñan saldo na súa conta.

Preguntas frecuentes

¿Cómo facerse usuario do e-Costavale?

Tan sinxelo como descargar a App Costavales desde Google Store para teléfonos Android ou dende Apple Store para Iphone e enviando un correo a consultas@costavales.com achegando un nome e un móbil, ou tamén por whatsapp. Recibirá un nome de usuario e un contrasinal que o usuario poderá cambiar.

¿Cómo ser empresa que acepta e-Costavales?

De igual xeito que os usuarios descargando a App Costavales e dándose de alta, pero para aparecer no directorio de empresas na web de Costavales deberá solicitalo enviando un correo a consultas@costavales.com.

¿Cómo se conseguerán e-Costavales ?

Comprándoos na Oficina da Asociación a cambio de Euros ou de Costavales en papel (ou tamén mediante unha transferencia bancaria). Tamén se poderán obter en calquera dos comercios e empresas adheridos, sempre e cando o comercio en cuestión teña saldo na súa conta de Costavales electrónicos.

¿Cómo usar os e-Costavales?

Os Costavales electrónicos utilizaranse facendo pagos con eles a través da aplicación Costavales, que está baseada no Whatsapp; así  para facer un pago simplemente teremos que elixir entre os comercios da rede ou da nosa lista de contactos, a quén llo queremos facer e mandarlle unha mensaxe coa cantidade que queremos aboarlle.

¿Poderanse recuperar os Euros?

Si, pero so por parte das empresas e dos comercios adheridos. Poderán recuperar o 90 %, xa que o 10% restante precisaxe para que o sistema siga funcionando e se segan establecendo relacións comerciais.

¿Haberá que pagar algunha cota?

Non, non haberá que pagar unha cota para participar no Costavale electrónico, pero obviamente hai uns costes para manter vivo o sistema, como son o mantemento da aplicación.

¿Cómo se sosterá económicamente o sistema?

Sosterase mediante aportacións que fan todos e cada un dos participantes no proxecto. Esta aportación será do 0,5 % do saldo medio do mes anterior.

¿Cómo se calcula o saldo medio mensual?

Súmase o saldo de Costavales que había na conta cada día do mes e dividese entre o número de días do mes.

¿Qué vantaxes teremos como usuario?

Por un lado recuperas o control sobre a moeda, xa que non dependes do Euro para realizar transaccións no teu entorno; por outro lado estás facendo máis forte a pequena e mediana empresa da túa localidade reconstruindo a vida do barrio e da comunidade. Poderá disfrutar de promocións directas por parte dos comercios adheridos.

¿Qué vantaxes teremos como empresa?

Crease un vínculo entre a empresa e os clientes, xa que ambolos dous comparten uns valores e uns obxectivos, e ampliase a rede de clientes ó incluirse nesta as empresas que comparten o uso do Costavale electrónico. Poderá facer promocións directas aos seus clientes.

¿Quén poderá formar parte do e-Costavale?

Todo aquel usuario, asociación e empresa que o desexe.

¿Qué é o e-Costavale e en qué se diferencia do euro?

O Costavale é unha ferramenta pensada para incentivar a economía local. Cada Costavale é un Euro que se mantén circulando e polo tanto xerando riqueza no noso entorno. Un Costavale nunca sairá da economía de cercanía para ir a engrosar as contas dunha multinacional ou un gran banco.

¿Onde van os Euros que cambio por e-Costavales?

Ó Fondo de Garantía que permanece ingresado nunha conta de “La Caixa”.

¿Pago o IVA se pago con e-Costavale?

Por suposto que sí. Un Costavale é un Euro en todo momento a efectos contables e fiscais. E dicir, non é unha nova moeda que se crea da nada, senon unha forma de pago diferente acordada entre os establecementos adheridos, polo tanto debe contabilizarse como o faríamos se cobrásemos en efectivo.

¿Onde podo usar os meus e-Costavale?

En toda a rede de comercios e empresas que se pode consultar na nosa web e na propia aplicación.

¿Son seguras as transaccións?

Tan seguras como calquera outro sistema de pago informático. Para asegurarse diso a empresa Clickoin, que é o proveedor da nosa plataforma informática, encargase de manter os datos nun servidor especial con medidas reforzadas para a seguridade e para evitar a saturación.

¿Qué fago se me rouban o móbil?

O primeiro activar a túa conta de Costavales desde calquera outro dispositivo e cambiar o contrasinal, para evitar que poida ser utilizada fraudulentamente, e de calquera xeito, comunicalo ó noso correo para que sexa bloqueada momentánemante ata que se solucione a incidencia.

Qué servizos ofrece e-Costavale?

Cos Costavales e o e-Costavale, a  Asociación Costavales pon a disposición da sociedade unha ferramenta para axudar a fortalecer tanto a economía coma os lazos comunitarios nos nosos concellos e comarcas.

Esto faise a través dunha oferta de servizos a Concellos e institucións públicas e privadas para conseguir manter o diñeiro circulando no noso entorno e darlle ós euros un uso máis social co que tiñan previamente concebido.

Tanto Concellos coma outras institucións teñen a capacidade de xerar riqueza no seu entorno, gracias as inversións que realizan e a axudas, premios ou bonificacións que distribúen. O que ofrece Costavales é unha ferramenta para facer que ese diñeiro realmente se dirixa ás empresas e comercios locais e se manteña durante máis tempo circulando, convertíndose en diñeiro de circuito curto. Ademais apórtase transparencia ó gasto municipal e, en moitos casos, simplificación na súa xestión.

Creamos unha rede propia de comercios, empresas e asociacións, e analizamos conxuntamente cos responsables da institución, qué extratexias de uso dos Costavales podemos por en marcha no seu caso en particular.

No caso de Concellos, temos dúas liñas de traballo cun mesmo obxectivo, pero diferentes implicacións:

  • Promoción directa do comercio e empresas locais. A proposta consiste en utilizar parte do presuposto para este concepto, do que dispoña o Concello, para a creación dun bono-Costavale, de tal maneira que se unha persoa usuaria de Costavales decide comprar un destes bonos tería que pasar por un dos comercios do municipio adheridos a Costavales e solicitalo. Se o bono ten un valor de 50 €uros, o usuario abona 40 €uros ó comercio e o sistema transfire 40 Costavales dende a conta do comercio á conta do usuario, e 10 Costavales máis como bonificación dende o fondo presupostado. Cada €uro deste fondo permite redirixir 5 €uros ó comercio e empresas locais.
  •  Promoción indirecta do comercio e empresas locais. Bonificacións, premios, subvencións, outras axudas, salarios, etc… Calquera tipo de gasto que sexa susceptible de revertir no texido empresarial do municipio pode realizarse utilizando Costavales como medio de pago, na súa totalidade ou nunha porcentaxe determinada. Esto conleva que o diñeiro xestionado polo concello revirta directamente no local e ademais, que se visualice e se cuantifique este proceso.

Dentro deste apartado ofrecemos un servizo concreto para a distribución de axudas de emerxencia social, adaptando o sistema ó modus operandi do departamento encargado de xestionalas. Trátase de poñer en mans dos beneficiarios deste tipo de axudas parte ou todo o diñeiro  que lles corresponda a través da súa conta en Costavales, de tal xeito que só poderán gastalo nos comercios do municipio cos que previamente se acordara.

 

 


  • 0
Anverso do billete de 1 costavale (ESPÉCIME)

Segunda cuñaxe dos Costavales

Tags : 

Os Costavales terán que cuñarse durante este mes de xuño

Durante o seu período de validez, cada Costavale deberá ser periódicamente levado a cuñar á Asociación Costavales.

O vale ten polo seu reverso un espazo para lle estampar un cuño cada 6 meses, sen coste algún. Os vales que non teñan os seus cuños ao día non serán válidos a efectos de troca nin a efectos de convertibilidade a euros.

sellocostavaleweb

 Tal e como se recolle no regulamento, calquera particular ou entidade posuidora de Costavales que deixara pasar a data de cuñaxe periódica, e para que o vale volva a ter validez, deberán pagar unha taxa do 10 % do valor nominal do vale.


A que esperas para usares os costavales ti tamén?