Monthly Archives: Setembro 2021

  • 0

Presentación da Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba

Tags : 

Presentación da VIA CÉLTICA no Museo das Peregrinacións e de Santiago
A primeira presentación pública da VIA CÉLTICA estivo dirixida ós alcaldes dos concellos polos que discorren os itinerarios dos camiños que pretendemos recuperar, co obxecto de proporlles o desenrolo e posta en valor de cada tramo.
Dita presentación tivo lugar o 23 de setembro de 2021, no Museo Das Peregrinacións e de Santiago, sito na Praza das Praterías de Santiago de Compostela.
Asistiron representantes dos Concellos de Ames, Zas, Vimianzo, Laxe, A Laracha, Coristanco, Ponteceso, Malpica, Cabana de Bergantiños, Cee, Val do Dubra, Camariñas e Santa Comba,…, membros da Directiva da Asociación Costavales e os autores da obra.
Despóis da presentación os asistentes realizaron unha visita guiada polo Museo.

  • 0

Moedas promocionais da Vía Céltica

Tags : 

Para a promoción da Vía Céltica encargamos a fabricación de moedas de colección á empresa belga National Token.
As moedas están acuñadas en 3D en ámbalas dúas caras: as de ouro levan impresa a “Traslatio Santi Jacobi” (escea que se atopa na igrexa románica de Santiago de Cereixo) e as de alpaca levan impreso “O Demo de Rubín” que forma parte da escultura de San Miguel , na capela de Nosa Señora da Saúde.
Ambas localizacións están presentes no noso itinerario.

  • 2

“Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”

Tags : 

A Asociación Costavales embárcase nun novo proxecto que pretende, por un lado, recuperar os camiños xacobeos marítimos que dende sempre comunican os portos da Costa da Morte con Santiago de Compostela e, por outro lado, un itinerario post-xacobeo que permite a extensión da peregrinación xacobea á Fisterra e Muxía. Esta vía conecta Santiago coa costa a través da ponte de  Portomouro e a meseta do Xallas, deixando ao seu paso unha serie de recursos patrimoniais e paisaxísticos que debemos poñer en valor.

O traballo de investigación foi encomendado a Don André Pena Granha (Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela) e a Don Joam Evans Pim  (Doutor en Ciencias Sociais pola Universidade Abo Akademi de Finlandia), e recóllese na obra “Vía Céltica: Os Camiños de Santiago por Santa Comba”. A obra expón os fundamentos históricos, arqueolóxicos, arquitectónicos, culturais, relixiosos e antropolóxicos que respaldan a xacobeidade destes camiños. Publicarase en galego, castelán e portugués.

Edición en galego

Edición en castelán

Edición en portugués


A que esperas para usares os costavales ti tamén?