Preguntas frecuentes
Os Costavales son realmente unha moeda?
Na zona euro, solo o euro é a moeda de curso legal; esto quere dicir que ninguén pode estar obrigado a pagar nin cobrar nunha moeda diferente ao euro. As moedas sociais ou locais acpetanse voluntariamente e serven para facer transaccións de bens e servizos. O comerciante pode aceptar outro instrumento de pago de libre elección, máis alá do euro, sempre que os impostos queden debidamente reflexados en euros.
Cómo facerse usuario dos Costavales?
Tan sinxelo como descargar a App Costavales desde Google Store para teléfonos Android ou dende Apple Store para Iphone e enviando un correo a consultas@costavales.com achegando un nome e un número de teléfono, ou tamén por whatsapp. Recibirá un nome de ususario e un contrasinal que o usuario poderá cambiar.
Cómo ser un comercio que acepta Costavales?
De igual xeito que os usuarios, descargando a App Costavales e dándose de alta, pero para aparecer no directorio de empresas na web de Costavales deberá solicitalo enviando un correo a consultas@costavales.com.
Cómo se conseguen?
Comprándoos nas entidades colaboradoras (Asociación de Empresarios de Santa Comba) ou comercios autorizados como oficinas de cambio.
Circuito de creación e emisión dos Costavales
As entidades colaboradoras (Asociación de Empresarios de Santa Comba) e os comercios que estean adheridos ao sistema Costavales e que estean autorizados como oficinas de cambio, cada mes recibirán uns adiantos de Costavales facilitados pola entidade xestora (Asociación Costavales). Os usuarios particulares que o soliciten intercambiarán con estas entidades colaboradoras e con estos comercios de euros a Costavales.
Unha vez que os particulares dispoñan dos Costavales poderán gastalos comprando bens e servizos nos comercios locais que os acepten. A súa vez, a medida que os comercios dispoñan dos Costavales que os particulares gasten, poderán empregalos en adquirir bens e servizos entre eles para extender o uso e circulación dos Costavales.
Cómo están regulados os Costavales?
Os Costavales son un instrumento de pago aceptado voluntariamente polos produtores, distribuidores e comerciantes como pago polos seus produtos ou servizos. Como tal, é semellante a un vale ou tarxeta regalo. Unha transacción con Costavales está suxeita aos mesmos impostos que unha transacción en euros. Ademáis unha transacción utilizando Costavales está suxeita as mesmas leis de protección do consumidor que unha transacción en euros.
Cómo usalos?
Os Costavales utilízanse facendo pagos con eles a través da App Costavales, que está baseado no Whatsapp; así, para facer un pago simplemente teremos que elixir entre os comercios da rede ou da nosa lista de contactos a quén llo queremos facer e mandarlle unha mensaxe coa cantidade que queremos aboarlle.
Pódense recuperar os €uros?
Sí, pero so por parte das empresas e dos comercios adheridos. Poderán recuperar o 90% do saldo que teñan en cada momento xa que o 10 % restante precísase para que o sistema siga funcionando e se segan establecento relacións comerciais.
Teño que pagar algunha cota?
Non, non hai que pagar unha cota para participar nos Costavales, pero obviamente hai uns costes para manter vivo o sistema, como é o mantemento da aplicación.
Cómo se sostén económicamente o sistema?
Sostense mediante aportacións que fan todos e cada un dos participantes no proxecto. Esta aportación será do 0,5 % do saldo medio do mes anterior.
Qué vantaxes teño como usuario?
Por un lado recuperas o control sobre a moeda, xa que non dependes do euro para realizar transaccións no teu entorno; por otro lado estás facendo máis forte a pequena e mediana empresa da túa localidade reconstruindo a vida do barrio e da comunidade. Poderá disfrutar de promocións directas por parte dos comercios adheridos.
Qué vantaxes teño como empresa?
Créase un vínculo entre a empresa e os clientes, xa que ámbolos dous comparten uns valores e uns obxectivos, e amplíase a rede de clientes ó incluirse nesta as empresas que comparten o uso do e-Costavale. Poderá facer promocións directas aos seus clientes.
Qué son os Costavales e en qué se diferencian dos Euros?
Os Costavales son unha ferramenta pensada para incentivar a economía local. Cada Costavale é un €uro que se mantén circulando e polo tanto xerando riqueza no noso entorno. Un Costavale nunca sairá da economía de cercanía para ir a engrosar as contas dunha multinacional ou un gran banco.
Onde van os Euros que cambio por Costavales?
Ó Fondo de Garantía que permanece ingresado nunha conta de “La Caixa”.
Pago o IVA se pago con Costavales?
Por suposto que sí; 1 Costavale é 1 €uro en todo momento a efectos contables e fiscais. E dicir, non é unha nova moeda que se crea da nada, senón unha forma de pago diferente acordada entre os establecementos adheridos; polo tanto, debe contabilizarse como faríamos se cobrásemos en efectivo.
Son seguras as transaccións?
Tan seguras coma outro sistema de pago informático. Para asegurarse diso a empresa Clickoin, que é o proveedor da nosa plataforma informática, encárgase de manter os datos nun servidor especial con medidas reforzadas para a seguridade e para evitar a saturación.
Qué fago se me rouban o móbil?
O primeiro activar a túa conta de Costavales desde calquera outro dispositivo e cambiar o contrasinal, para evitar que poida ser utilizada fraudulentamente e, de calquera xeito, comunicalo ó noso correo para que sexa bloqueada momentáneamente ata que se solucione a incidencia.
Que servizos ofrecen os Costavale?
Cos Costavales poñemos á disposición da sociedade unha ferramenta para axudar a fortalecer tanto a economía coma os lazos comunitarios nos nosos Concellos e Comarcas. Pretendemos conseguir manter o diñeiro circulando no noso entorno e darlle ós euros un uso máis social co que tiñan previamente concebido.