Como funcionan

Inicialmente, o funcionamento dos costavales baseabase na emisión e posta en circulación dunha serie de vales en papel (en formato de billetes) que os usuarios dos comercios locais podían usar para pagar as súas compras neles: é dicir, tratábase de vales canxeables por produtos ou servizos locais.

Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)  Anverso do billete de 20 costavales (ESPÉCIME)   Anverso do billete de 5 costavales (ESPÉCIME)  Anverso do billete de 1 costavale (ESPÉCIME)  Anverso do billete de 2 costavales (ESPÉCIME)

Os Costavales podíanse empregar para pagar parte dunha compra (coma se foxe un desconto), ou a totalidade da mesma, segundo cada comercio desexara, dunha maneira flexible. É dicir, algúns comercios podían aceptar o 50 % do pagamento por determinados produtos pero non outros; outro comercio podía aceptar o 100 % en todos os seus produtos; outro só o 10 % en compras superiores a 100 euros, etc.

O valor de troca de cada costavale é de 1 €uro.

Na actualidade e, co obxectivo de mellorar o sistema de vales impresos, os costavales usanse exclusivamente mediante unha aplicación móbil denominada Clickoin. Esta plataforma tecnolóxica vai a supoñer transaccións máis áxiles e unha maior achega de tódolos usuarios do sistema.

É unha tecnoloxía moi sinxela: o seu funcionamento basease no mesmo sistema que o whatsapp. Seleccionase un usuario da nosa lista de contactos e envíaselle unha mensaxe coa cantidade de Costavales que queiramos transferirlle. Este usuario recibe a mensaxe e cárganselle os Costavales enviados na súa conta.


Deixa un comentario

A que esperas para usares os costavales ti tamén?