Category Archives: Participantes

  • 0

Seromavi e Tanara Shop, novos comercios adheridos

Tags : 

A pasada semana uníronse aos costavales dous novos negocios de Santa Comba: Tanara Baby shop (puericultura e roupa de nenos e nenas) e SEROMAVI (almacén de materiais de construción). Dámoslles a benvida e informamos de que Tanara acepta o 50% do importe das compras en costavales e Seromavi, o 100%.

Tedes os datos para contactardes con eles, nas súas respectivas páxinas dentro do noso web: SEROMAVI e Tanara.


  • 0

Participantes non comerciais

Tags : 

Coa incorporación do Concello de Santa Comba e de Cáritas parroquial, xa son tres as entidades non lucrativas que participan dunha ou outra maneira no sistema dos costavales. Xa que logo, vimos de introducir unha diferenciación na nosa listaxe de participantes, entre aquelas entidades comerciais (empresas, comercios e profesionais) e as non lucrativas (ONGs, entidades deportivas, administración pública, etc.).

O Concello de Santa Comba comprometeuse a promocionar os costavales e a entregar os premios que conceda usando os nosos vales. Cáritas, pola súa banda, aceptará doativos tamén en costavales. A outra entidade —e primeira non lucrativa en aceptalos— lembramos que é o Xallas F.C.

Próximamente iremos anunciando novas entidades que se van incorporando aos costavales.


  • 0

Novas adhesións aos costavales neste final de verán

Tags : 

Ao longo deste verán, novos comercios de Santa Comba se adheriron aos costavales, aceptándoos en diversa medida para as compras que realicemos neles, elevando o número total de adheridos a 16 participantes, cifra que segue a medrar.

As últimas incorporacións (indicando os costavales que aceptan) foron:

Lembra que na nosa páxina de participantes tes a listaxe completa xunto cun plano de Santa Comba para os localizares.

Boas compras cos teus costavales!


  • 0
Anverso do billete de 2 costavales (ESPÉCIME)

Ata o 50% en costavales nas túas compras en Milar Sampedro e Marcapel

Tags : 

Desde hoxe poderás pagar ata o 50% das túas compras en Marcapel e mais en Electrodomésticos Milar Sampedro cos teus costavales. Lembra que tes toda a lista actualizada de comercios que os aceptan, neste mesmo web.


  • 0

A zapataría Pisotones modifica as súas condicións de aceptación de costavales

Tags : 

Damos aviso de que a partir de hoxe, a tenda de calzado infantil e xuvenil, pasa a aceptar o 50% de cada pagamento en costavales.

icon-car.pngKML-LogoFullscreen-LogoGeoJSON-LogoGeoRSS-Logo
Pisotones

cargando mapa - por favor, espere...

Pisotones 43.032644, -8.810234 Pisotones.

  • 0

Presentamos as nosas primeiras 8 entidades participantes

Tags : 

Desde hoxe as veciñas e veciños de Santa Comba dispoñen xa de 7 establecementos comerciais ademais do equipo de fútbol local, o Xallas FC, onde poder empregar os seus costavales.

Pódense consultar co detalle de cada entidade na nova páxina de Participantes nos costavales, onde tamén se ofrece un mapa interactivo para as localizar. Proximamente iremos engadindo nesa mesma páxina e no mapa que se pode visualizar en todo o noso web, todos aqueles comercios que se vaian unindo a nós. E ti… a que esperas para te unires aos costavales?

captura-mapa-participantes-20150714-1022


A que esperas para usares os costavales ti tamén?