II EDICIÓN DA FEIRA DE OUTONO

  • 0

II EDICIÓN DA FEIRA DE OUTONO

Tags : 

A Asociación Costavales organiza a II Edición da FEIRA DE OUTONO, en colaboración coa Asociación de Empresarios, Concello de Santa Comba e  Deputación da Coruña.

O evento terá lugar os días 8, 9 e 10 de Novembro no Recinto Feiral de Santa Comba e acollerá preto de 70 expositores. Trátese dunha feira de carácter multisectorial dado que participan sectores como o da artesanía, automoción, comercio en xeral, gastronomía, servizos, hostalería, etc…

As feiras son eventos de grande magnitude e amplo alcance que serven como escaparate de multitude de empresas durante un tempo limitado, nun espazo organizado para tal fin. As empresas participantes utilizan o evento como unha ferramenta de marketing para potenciar os seus negocios, coñecer a novos consumidores, promocionarse e acadar vendas.

Tradicionalmente, ademáis de ter unha función de intercambio de bens materiais as feiras eran unha forma de sociabilidade. Ainda que a actividade comercial sufriu moitos cambios, e ainda que as grandes áreas comerciais e as vendas online amenazan seriamente ó pequeno comercio, as feiras seguen sendo un reclamo para os visitantes porque ofrecen unha grande variedade de produtos en condicións máis ventaxosas do habitual. Créase un espazo de esparcemento e intercambio social e, ó mesmo tempo, estimulase o comercio e xeneranse beneficios.

 


Leave a Reply

A que esperas para usares os costavales ti tamén?