O FEADER cofinanciará o proxecto: “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales”, no marco da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.
A Asociación Costavales presentou no Agader, a través do GDR 19 – Terras de Compostela – o proxecto denominado: “Dinamización e impulso da economía local a través da aplicación móbil para o uso dos Costavales”, ao abeiro da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da convocatoria 2017-2018. Submedida 19.2.
O GDR 19 – Terras de Compostela – adxudicou a puntuación máxima a este proxecto, dentro dos proxectos non produtivos presentados nesta convocatoria, e será cofinanciado polo Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) co fin de promover o desenvolvemento local nas zonas rurais.
O proxecto vaise a desenrolar en todo o territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, que abrangue os concellos de Negreira, A Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santa Comba, Teo, Boqueixón, Vedra e Santiago de Compostela (zonas rurais).
A implantación dunha aplicación móbil para a xestión dos Costavales que xa están a funcionar en soporte papel no Concello de Santa Comba, ten como obxectivo a mellora do sistema, xa que unha plataforma tecnolóxica online vai a supoñer unha maior achega a tódolos usuarios do sistema, transaccións máis áxiles e maior control dos vales.
Os obxectivos do proxecto son:
- Favorecer e impulsar a economía local
- Fomentar o consumo de produtos locais
- Favorecer a achega e o uso das novas tecnoloxías
- Favorecer o traballo en rede, agrupación e o asociacionismo
- A mellora social dos colectivos máis desfavorecidos
- Ofrecer unha ferramenta aos Concellos para que as axudas de emerxencia social que se entreguen a colectivos desfavorecidos se redirixan ás empresas locais