Por que os costavales van axudar á Costa da Morte?

  • 0

Por que os costavales van axudar á Costa da Morte?

Tags : 

Os promotores dos costavales estamos convencidos de que ofrecen importantes vantaxes

…para a economía xeral da Costa da Morte

  • Os vales, ao contrario do diñeiro (euros), non circularán fóra da comarca: é dicir, non sairán da Costa da Morte e a riqueza xerada nas operacións en que se empreguen permanecerá na zona.
  • Fornece cun medio de conectar compradores e vendedores que doutro xeito non comerciarían por falta de diñeiro. Consolida e amplía redes comerciais a nivel da Costa da Morte.
  • Contribúe a consolidar a autosuficiencia da zona, ao xerar unha economía que circula máis internamente e se converte en menos dependente de bens e servizos exteriores. Aumentará, por tanto, a resiliencia económica e social.
  • Mobilizan recursos actualmente fóra do mercado laboral: p.ex. xente nova, parados, anciáns, etc. que teñen máis tempo ca diñeiro, e que poderían conseguir os vales en pagamento por pequenos traballos feitos para entidades da comarca, os cales lles servirían para gastar tamén na comarca.
  • Aumenta o poder de compra xeral da poboación da zona.
  • Cantas máis veces cambie de mans un costavale antes de ser cambiado por euros, máis potenciará a economía da Costa da Morte.

Deixa un comentario

A que esperas para usares os costavales ti tamén?